jueves, 19 de marzo de 2015

Texto de Presentación



MOXENAS MUSICAL GALEGO


Moxenas Musical Galego é un proxecto musical creado na Asociación Veciñal de Vigo, que conta con máis de 30 músicos E que protexe e reintegraa tradición musical e folklórica propiamente galegas  . Nel combínanse instrumentos moi dispersos, que van  dende saxo, teclados, clarinetes, baixo eléctrico, guitarra, mandolina e yembés ata os instrumentos típicamente galegos como as pandeiretas, os tamboriles e o instrumento estrela do grupo: a gaita galega.

Foi creado no 2003 como homenaxe a un gran gaiteiro: Nazario González "Moxenas". Este home foi moi importante nas Asociacións Veciñais de Vigo: "Foi un gran gaiteiro, pero tamén fixo un gran labor polas formacions xuvenis" Explican os Moxeneiros.



O director deste grupo é Xosé Oliveira, que tamén forma parte do grupo Noitarega.

A pesar de que fai pouco que naceu este grupo, este xa leva conquistados varios escenarios polo mundo adiante, (un exemplo son os de  Lorient (Francia)),  leva actudo en colaboración con outros grandes gaiteiros,(como Susana Seivane), e con coñecidos grupos,(como Luar na Lubre).